As festas de Andreade en honra a Santiago Apóstolo encherán Paradela de música e tradición

SarriaXa
O programa inclúe sesións vermú, verbenas, unha actuación estelar de María Barral e unha pancetada veciñal o 1 de agosto
Andreade-Paradela
21 Jul 2026

A parroquia de Andreade, no concello de Paradela, celebrará os días 25 e 26 de xullo as súas festas na honra de Santiago Apóstolo, cun programa no que a música será a gran protagonista, sen esquecer os actos relixiosos e as actividades de convivencia.

A programación comezará o sábado 25 de xullo coa tradicional misa solemne, seguida dunha sesión vermú amenizada polo Grupo Fortuna. Pola noite, a formación volverá subir ao escenario para poñer música á festa e á verbena.

O domingo 26 de xullo arrancará tamén coa celebración da misa solemne, tras a que terá lugar a sesión vermú a cargo do Grupo La Noria. A partir da noite, a mesma formación será a encargada de amenizar a verbena, que contará ademais coa actuación estelar da cantante María Barral.

As celebracións prolongaranse unha semana máis, xa que o 1 de agosto está prevista a celebración dunha pancetada veciñal, unha cita pensada para favorecer o encontro e a convivencia entre os veciños da parroquia.

0.11633205413818