As grandes festas do Incio celebraranse os vindeiros 3, 4 e 5 de maio

SarriaXa
O Incio acolle as súas grandes festas os vindeiros 3, 4 e 5 de maio con diferentes actividades musicais e gastronómicas.
Asociación Fanagueiros do Incio festa Eirexalba
17 Abr 2024

O Incio acolle as súas grandes festas os vindeiros 3, 4 e 5 de maio con diferentes actividades musicais e gastronómicas.

Así, o día 3 comezará a festa ás 21.00 horas cunha churrascada e queimada e a actuación do grupo Punto Clave.

Xa o día 4 empezará o día coa misa solemne ás 13.30 horas e a sesión vermú da man da orquestra Salsarena, que tamén amenizará a verbena de tarde xunto co grupo Mar de Arousa.

Finalmente, o día 5 tamén haberá misa solemne, na que participará o coro Sarricanta e a sesión vermú virá acompañada polo Dúo Tropical, que tamén amenizará a festa da tarde a partir das 19.00 horas.

0.16875290870667