As instalacións da Feculera deberán ser devoltas ao seu propietario orixinal, Caixa Rural, por parte do Concello de Sarria

SarriaXa
O PP segue defendendo o recurso presentado ante o TSXG e o Goberno local cre que era necesario un lugar como este para o desenvolvemento do barrio da Estación
feculera-sarria
feculera-sarria
18 Xuño 2024

A fábrica Feculera de Sarria deixará de ser propiedade do Concello e terá que ser devolta ao antigo propietario, Caixa Rural, despois de que o xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Lugo ordenara que se cumpra a sentenza do TSXG pola que se anulou a compra efectuada polo Concello en 2024 por 300.000 euros.

O TSXG anulou a compra do Concello, que tiña como obxectivo utilizar as instalacións da Feculera como un lugar de acción social e cultural, proxectando nela un auditorio; despois de que o PP presentara un recurso no que alegaron que as instalacións da Feculera incumprían as normas subsidiarias do plantexamento urbanístico e que o terreo no que se asenta non ten a consideración de solar.

Porén, ter que devolver as instalacións a Caixa Rural supón un desagravio ao Goberno local, xa que aí se garda a maquinaria municipal; pero tamén supón maior problema para o club de billar de Sarria, xa que aí se desenvolven as clases e as reunións de afeccionados ao billar e ao pool, como Gussy, deportista sarriao de gran recoñecemento.

Concretamente, este profesional do deporte espera que "se arranxen as cousas o antes posible de forma legal e que haxa algún tipo de acordo para beneficiar aos involucrados nas instalacións da Feculera". Así, explica que as clases que se impartían na escola de billar deixaron de ter lugar desde febreiro, porque "non sabiamos se iamos ter que marchar ou quedarnos, e preferimos non comprometernos co alumnado ata que non soubésemos o que ía pasar". Por iso, piden que se faga o que sexa "máis factible", que "se chegue a un acordo co propietario para que poidamos quedar ou que nos relocalicen noutro espazo do Concello para poder dar continuidade e unha soluciín aos cidadáns", explica Gussy.

Pola súa parte, o PP segue defendendo o recurso interposto porque a fábrica está fóra de ordenación e sobre unha vía que tampouco está prevista; pero desde o Goberno local denuncian que esta decisión promove que non poida haber un centro cultural e de ocio que “serviría de desenvolvemento para o barrio da Estación, onde se atopa”.

0.16649198532104