As obras de mellora da estrada LU-636 ao seu paso polo Concello de Sarria rematarán a finais de xuño

SarriaXa
As obras de mellora da estrada LU-636 ao seu paso polo Concello de Sarria rematarán a finais de xuño coa mellora da drenaxe
obras LU 636 Sarria
18 Jun 2023

A estrada LU-636 no Concello de Sarria está sendo mellorada para evitar o problema que se produce en episodios de fortes chuvias, como o acontecido este inverno, que afectou á plataforma da estrada.

Esta acción, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, consiste na substitución da obra de paso situada no punto quilométrico 3+700 desta vía, formada por dous tubos de diámetro de 600 mm, que será remprazada por un marco prefabricado de formigón nunha lonxitude de 13 metros, dando así unha maior capacidade de drenaxe.

Estas tarefas precisan dun corte total da calzada, polo que se habilitou un desvío para o paso do tráfico que está sinalizado, entre os puntos quilométricos 3+630 e 3+990. A previsión é poder rematar os traballos a finais deste mesmo mes de xuño.

Esta actuación é unha das últimas previstas no contrato de obras de emerxencia para a reparación das vías autonómicas na provincia de Lugo afectadas polos temporais do inverno, cun investimento global de preto de 416.000 euros.

0.14921998977661