As persoas interesadas aínda poden apuntarse ao I Campus de Fútbol O Incio CF

SarriaXa
A inicativa desenvolverase desde o vindeiro 22 ao 26 de xullo no Campo Municipal do Carboeiro
campus-futbol-o-incio
campus-futbol-o-incio
9 Xul 2024

O Concello do Incio colabora co O Incio C.F. na organización do I Campus de Fútbol O Incio C.F. que se vai celebrar do 22 ao 26 de xullo no Campo Municipal do Carboeiro.

O campus é mixto para idades de 6 a 16 anos e levarase a cabo de 10.00 a 14.00 horas. A actividade vai estar dirixida e impartida por Roberto Díaz Mourelo, 'Ruboi', adestrador do equipo do Incio CF.

A data límite para inscribirse é o 14 de xullo e o prezo é de 70 euros, incluíndo a actividade deportiva e formativa a cargo do adestrador, a equipación deportiva, o seguro, o almorzo diario e media mañá e o diploma final.

As prazas son limitadas a vinte persoas participantes, sendo dez o número mínimo de prazas a cubrir. Poderán apuntarse os interesados a través do número 690 071 629.

0.15828204154968