As rebaixas comezaron con boas expectativas en Sarria a pesar da situación económica xeral

SarriaXa

Sarria viviu o seu primeiro fin de semana de rebaixas cunha afluencia de xente moderada.

9 ene 2023

Sarria viviu o seu primeiro fin de semana de rebaixas cunha afluencia de xente moderada. Este comezo de rebaixas encádrase na nova normalidade, despois de dous anos de pandemia.

Desde a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (ACES) din que "hai que esperar aos vindeiros días para saber como evoluciona o consumo durante as rebaixas" que determina tamén o estado económico da poboación.

Desde ACES destacan que a afluencia de xente foi baixa durante esta fin de semana debido ao mal tempo, aínda que "houbo movemento". Tras a pandemia, "a xente quere volver a mercar nas tendas, algo que é bo para o comercio sarriao".

Así, hai boas expectativas dentro do que é o marco negativo da situación económica que vimos arrastrando polas consecuencias da pandemia, a guerra de Ucraína e o que conleva con respecto á suba do gas e do petróleo.

Por outra parte, din que as rebaixas de agora non se poden comparar co que "eran antes", nas que a xente estaba xa á expectativa antes de que comezaran e a xente estaba "como desesperada por que chegaran".

Ademais de que agora non se nota tanto esa "necesidade" de mercar tanto durante as rebaixas, tamén hai que ter en conta o tema económico, que todo está subindo de prezo e "a xente aguantou en Nadal, pero agora estas subas xeralizadas vanse notar máis", explican.