As rúas Curros Enríquez, Pascual Veiga e a prolongación da Gran Vía de Sarria xa teñen un sentido único

SarriaXa
A nova ordenación do tráfico entrou en vigor o luns 24 e a Policía Local realizará controis durante os primeiros días
Concello-de-Sarria
26 Aug 2026

O Concello de Sarria informa de que xa está instalada a sinalización necesaria para a entrada en vigor do sentido único de circulación nas rúas Curros Enríquez, Pascual Veiga e na prolongación da Gran Vía. A nova ordenación do tráfico comezou a aplicarse nas tres vías este luns, 24 de agosto.

Co obxectivo de facilitar a adaptación dos condutores ao novo réxime de circulación, a Policía Local despregará un dispositivo de control durante os primeiros días. A actuación permitirá comprobar o correcto funcionamento da nova ordenación e resolver posibles incidencias.

Desde o Concello solicítase aos condutores que extremen a precaución ao circular por estas rúas durante os primeiros días, especialmente mentres se familiarizan cos novos sentidos de circulación e coa sinalización instalada.

0.13933706283569