Así viviron en Sarria a chegada dos Reis Magos

SarriaXa
Os Reis Magos percorreron toda a zona rural de Sarria para achegar aos máis pequenos a ilusión e os agasallos das Súas Maxestades.
6 Xan 2023

Os Reis Magos percorreron toda a zona rural de Sarria para achegar aos máis pequenos a ilusión e os agasallos das Súas Maxestades. Estiveron moi atarefados visitando todos os recunchos do rural para despois repartir caramelos e agasallos pola vila urbana, onde levaron a cabo asúa Cabalgata especial.

Melchor, Gaspar e Baltasar xunto co Concello e outras entidades fixeron posible este evento como AgroLugo, Abanca, Policía Local, Protección Civil, persoal municipal, colectivos culturais como Peleriños e Meigas e Trasgos, Sarria Bikers, e os voluntarios, entre outros.

Pódese ver aquí todos os lugares polos que pasaron as Súas Maxestades.

0.16421723365784