Autores internacionais triunfan no XXXI Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López

GaliciaXa | SarriaXa
O concurso de Paradela recibiu 414 obras e recoñeceu traballos de Miami, Madrid, Granada, Castellón e Alcorcón
Certame-Manuel-Oreste-Paradela-25
2 Jun 2026

O xurado da XXXI edición do Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López reuniuse no Concello de Paradela para emitir o fallo dun concurso que volveu destacar pola súa ampla participación e pola calidade das obras presentadas.

Nesta convocatoria recibíronse un total de 414 traballos, dos que 150 concorreron na categoría de poesía, 210 na de narrativa e 54 na modalidade especial dedicada ao Camiño de Santiago. O xurado salientou o elevado nivel literario das obras participantes, consolidando unha vez máis este certame como unha das referencias culturais do municipio.

Na categoría de poesía, o primeiro premio foi para Jesús Jorge, de Miami (Estados Unidos), pola obra De la canción al soneto. O segundo galardón recaeu en Juanma Velasco Centelles, de Castellón, por Soy metálico.

No apartado de narrativa, o primeiro premio foi concedido a Manuel Izquierdo Ruiz, de Granada, pola obra Prioridades, mentres que o segundo premio foi para Juan Luis Calbarro Morales, de Madrid, por El equipo de negro.

Pola súa banda, a mención especial dedicada ao Camiño de Santiago foi para Mónica de Pablos Álvarez, de Alcorcón (Madrid), que obtivo o primeiro premio grazas á súa obra Todos los caminos.

O certame continúa así reforzando a súa proxección e capacidade de convocatoria, reunindo autores de distintos puntos de España e tamén do ámbito internacional.

0.11092114448547