Barán celebrará o 9 de maio as súas grandes festas na honra á Santa Cruz

SarriaXa
A xornada contará con misa solemne, procesión, sesión vermú e verbena coas orquestras Alabama e Panamá
fogos-artificiais-festas
8 May 2026

A parroquia de Barán, no municipio de Paradela, celebrará este sábado, 9 de maio, as súas grandes festas na honra á Santa Cruz cun amplo programa relixioso e musical pensado para reunir á veciñanza e visitantes ao longo de toda a xornada.

Os actos comezarán ás 13:00 horas cunha misa solemne seguida da tradicional procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú, que estará amenizada pola Orquestra Alabama.

Xa pola noite, a festa continuará cunha gran verbena a cargo das orquestras Orquestra Alabama e Orquestra Panamá, que serán as encargadas de poñer música a unha das citas festivas máis destacadas da parroquia.

A celebración conta coa colaboración do Concello de Paradela e de diferentes establecementos e empresas da zona que participan no apoio ás festas.

0.11655187606812