Barbadelo celebrará as festas de Santiago Apóstolo cun completo programa de música, gastronomía e tradición

SarriaXa
As celebracións desenvolveranse os días 24, 25 e 26 de xullo con pancetada popular, misas, procesións e as actuacións do Dúo Explosión, Louband, Era Visto e a orquestra Suavecito
igrexa-Barbadelo-
13 Jul 2026

A parroquia de Barbadelo, no municipio de Sarria, celebrará os días 24, 25 e 26 de xullo as tradicionais festas na honra de Santiago Apóstolo, cun programa no que se combinan os actos relixiosos, a gastronomía popular e as actuacións musicais para todos os públicos.

A programación comezará o venres 24 de xullo, ás 22.00 horas, cunha pancetada veciñal, que dará paso á verbena amenizada polo Dúo Explosión.

O sábado 25 de xullo, coincidindo coa festividade de Santiago Apóstolo, a xornada iniciarase ás 13.30 horas coa misa solemne, seguida da procesión e da tradicional sesión vermú, que contará coa animación da charanga Era Visto. Pola noite, a música continuará cunha gran verbena protagonizada por Louband e o propio grupo Era Visto.

As festas concluirán o domingo 26 de xullo. A partir das 13.30 horas celebrarase a misa solemne, seguida da procesión e da sesión vermú, nesta ocasión coa actuación da orquestra Suavecito, que tamén será a encargada de poñer o broche final ás celebracións coa verbena nocturna.

A comisión organizadora anima á veciñanza e aos visitantes a participar nestes tres días de festa, nos que Barbadelo volverá reunir tradición, convivencia e música para celebrar unha das citas máis destacadas do calendario festivo da parroquia.

0.14007592201233