Búscanse catro persoas para cubrir labores a desenvolver no municipio de Sarria

SarriaXa
O Concello de Sarria abre un novo prazo para presentar a postos de traballo nas bolsas de emprego público municipais que deberán acometer labores dentro do propio ámbito xeográfico do municipio.
24 Feb 2024

O Concello de Sarria abre un novo prazo para presentar a postos de traballo nas bolsas de emprego público municipais que deberán acometer labores dentro do propio ámbito xeográfico do municipio.

Neste caso, búscanse dous operarios de parques e xardíns interinos que serán contratados por catro meses con creación de bolsa de emprego; e dous operarios de medio rural e cemiterio tamén interinos, pero por oito meses e con creación de bolsa de emprego.

As persoas interesadas en presentar a súa documentación para poder optar a ser seleccionados para desenvolver estas tarefas teñen ata o vindeiro 28 de febreiro para presentar as súas instancias.

0.15811514854431