Búscanse persoas para levar a cabo tarefas de limpeza e servizo na residencia de Sarria
SarriaXa
O Concello de Sarria presenta unha nova bolsa de emprego público para cubrir unha praza vacante de camareiro/a limpador/a para a Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.
27 Mar 2024
O Concello de Sarria presenta unha nova bolsa de emprego público para cubrir unha praza vacante de camareiro/a limpador/a para a Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.
As persoas interesadas en desenvolver estes traballos poderán presentar as súas instancias ata o vindeiro 1 de abril.
O posto de camareiro-limpador implica a execución das tarefas de limpeza, servizo de comedor, camas, lavandaría, plancha e todo o que sexa estar ao servizo da atención dos maiores en canto a limpeza e servizo.