Búscanse tres persoas para desenvolver o traballo de auxiliar xerocultora na residencia de maiores de Sarria

SarriaXa
Búscanse tres persoas para desenvolver o traballo de auxiliar xerocultora na residencia de maiores de Sarria
residencia maiores sarria
14 Jul 2023

O Concello de Sarria convoca unha nova oferta de emprego público para traballar como auxiliar xerocultora en réxime de persoal laboral interno ata a súa cobertura definitiva na Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.

Nesta ocasión, ofértanse tres prazas vacantes para as persoas interesadas, que poderán presentar as súas solicitudes na sede electrónica do Concello de Sarria ou no propio Concello ata o vindeiro luns, 17 de xullo.

Para este traballo, necesitarase acreditar a formación como técnico en atención a persoas en situación de dependencia, técnico en coidados auxiliares de enfermería ou técnico en atención sociosanitaria.

No caso de non contar con ningunha destas titulacións, poderá presentarse aquela persoa con Graduado en ESO ou equivalente xunto co Certificado profesional de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

0.16196918487549