Búscase un técnico de turismo, un antropólogo e un director de comunicación para un proxecto da Mancomunidade

SarriaXa
A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, que preside a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, abriu o proceso de selección de traballadores.
10 Xan 2024

A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, que preside a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, abriu o proceso de selección de traballadores.

Así, tres persoas serán seleccionadas para desenvolver os labores de técnico de turismo, antropólogo e director de comunicación para o desenvolvemento do proxecto ‘Plataforma Intelixente: Camiño de Europa’.

Este proxecto enmárcase nunha axuda para experiencias de turismo que lle foi concedida á Mancomunidade polo Ministerio de Comercio, Industria e Turismo no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation da UE.

Estes postos de traballo terán unha duración temporal de tres meses a xornada completa no caso do técnico de turismo e de nove meses no caso do antropólogo e o director de comunicación.

0.1639039516449