Búscase persoal para traballar nas vivendas comunitarias e no SAF de Samos

SarriaXa
O Concello de Samos abre as bolsas de emprego para traballar nas vivendas comunitarias e tamén traballar no Servizo de Axuda no Fogar do municipio.
30 Jan 2024

O Concello de Samos abre as bolsas de emprego para traballar nas vivendas comunitarias e tamén traballar no Servizo de Axuda no Fogar do municipio.

Estes dous servizos préstanse desde o Concello co obxectivo de dar un servizo necesario para o coidado das persoas maiores e en situación de dependencia do municipio, sen ter que marchar del.

Así, as persoas interesadas en conseguir un emprego nun destes dous ámbitos xa poden anotarse ata o vindeiro venres 2 de febreiro acudindo ao Concello en horario de 09.00 a 14.30 horas.

⚙ Configurar cookies
0.72661089897156