Bustofrío celebrará o 25 de agosto as festas na honra da Virxe dos Remedios

A parroquia de Bustofrío, no concello de Samos, celebrará o vindeiro 25 de agosto as súas festas na honra da Virxe dos Remedios cun programa que combinará actos relixiosos e actividades musicais ao longo de toda a xornada.
A programación arrancará ás 11.00 horas cunha alborada amenizada pola charanga Los Usureños de Lugo, que tamén será a encargada de poñer música á sesión vermú.
Ás 13.30 horas celebrarase a misa solemne seguida da sesión vermú coa mesma formación musical.
Pola tarde, a partir das 17.30 horas, terá lugar a actuación do grupo musical Courelóuzara, tras a que se desenvolverá unha cantada popular aberta á participación dos asistentes.
A verbena dará comezo ás 20.30 horas coa actuación do Dúo Swing. A festa continuará entrada a madrugada e, desde a 1.00 horas, o propio Dúo Swing compartirá escenario co DJ Casanova para pechar a celebración.