Cambia a programación das actividades de Sarria por mor da previsión metereolóxica
SarriaXa
O concurso de baile promovido polo Concello e Creativa Sarria queda aprazado a unha data aínda sen confirmar
25 Xuño 2024
Desde o Concello de Sarria veñen de informar de que, ante o risco de tormenta segundo a previsión meteorolóxica, cambia a programación dalgúns eventos que ían ter lugar esta tarde no marco das Festas Patronais.
Desta maneira, o festival infantil que comeza ás 18.00 horas trasládase á Casa da Cultura e a a actuación do mago Roberto Lolo tamén será a hora prevista, ás 19.30 horas, pero na Casa da Cultura, en lugar de ter lugar na praza da Vila, como estaba establecido nun primeiro momento.
Pola súa parte, o concurso de baile que ía ter lugar a partir das 20.30 horas na praza da vila, acompañado da música da Banda de Música de Sarria, aprázase a unha data aínda por anunciar.