Camiña Sarria pídelle á Xunta de Galicia a restauración da Ponte Vella

SarriaXa
O PP faise eco das demandas dos veciños da zona, que falan de problemas no alumeado, pavimento danado e fonte pública que non funciona
ponte vella sarria google
17 Sep 2023

O grupo municipal Camiña Sarria vén de pedirlle á Xunta de Galicia a restauración da Ponte Vella, que foi construído no século XVIII sobre outra do XII, pois dende o pasado mes de febreiro cedeu unha varanda de proteción o que fixo que un viandante caese ao río.

O Goberno local pide que se reforce a cimentación, que se coloque unha nova varanda, que se fagans labores de limpeza, e que se mellore o alumeado.

Tamén piden, que unha vez executadas todas estas melloras, a titularidade transfírase ao Concello de Sarria para que así todas las pontes que ten o municipio sexan municipais.

0.14871406555176