Cando a palabra resoa no corpo

SarriaXa
Por Ana Belén Gómez
Cando-a-palabra-resoa-no-corpo
Actualizada el 14 septiembre 2026, 08:52 horas
13 Sep 2026

Reunímonos a carón do mosteiro de Samos, paraxe natural e espiritual singular, seducidos pola convocatoria de Patri Fernández e Esther Pedrouzo para  encarnar coa nosa presenza a palabra recitada, acompañados do entorno e  a música ao vivo.

En pequeno grupo e abertos ás xentes de Samos, que nun serán do derradeiro agosto tiveron a ben sumarse e ser testemuñas da beleza dos nosos corpos en sintonía coa nosa necesidade de expresar e desfrutarmos xuntos.

Das mans musicais de Nico Mao e María Oxeito e guiados polas organizadoras mencionadas a somerxernos na nosa respiración e tomar conciencia do noso corpo e entorno para comezar o recitado de poemas, textos varios, cancións, etc. Todos contribuímos para que cada latexo fose un; coas pedras, as árbores e o mosteiro como excepcionais acompañantes nunha danza poético-expresiva que rematou en espontánea verbena secundada por peregrinos e viandantes ocasionais.

 

Por máis encontros onde a palabra resoe, o corpo e as almas se expresen en sintonía coa excepcional beleza dos nosos paraxes naturais!

As persoas interesadas en participar no próximo encontro poden poñerse en contacto coa organización a través do correo: patric.fdezgarcia@gmail.com.

encontro-Samos-cando-resoa-a-palabra
0.16503500938416