Carme López reflexiona sobre a actualización da música tradicional no novo episodio de Folcast

SarriaXa
O programa, conducido por Xosé Gago e Vanesa de Vilaesteva, propón un percorrido pola Terra de Lemos para coñecer as particularidades e a situación actual da música tradicional
Carme-Lopez-O-Incio
17 Jul 2025

O podcast promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Folcast, dedica un episodio á Terra de Lemos, no que a música tradicional e a oralidade centran o relato a través de entrevistas.

A cantante, investigadora e formadora Carme López, natural do Incio, é unha das protagonistas principais deste avance, no que comparte a súa visión sobre a actualización das coplas e das músicas tradicionais galegas.

Carme López, que actualmente está a xirar co álbum Vinde Todas xunto a Mounqup e Sara Méndez no proxecto Carmela, combina neste traballo un coñecemento profundo das músicas tradicionais coa incorporación de efectos e bases electrónicas. Precisamente esa mestura de raíces e innovación marca o contido da conversa incluída neste adianto do episodio de Folcast.

O programa, conducido por Xosé Gago e Vanesa de Vilaesteva, propón un percorrido pola Terra de Lemos para coñecer as particularidades e a situación actual da música tradicional e da oralidade no territorio. As entrevistas iranse compartindo en avances antes da publicación do episodio completo.

⚙ Configurar cookies
0.14793014526367