Case 200 persoas de todo España participan na camiñata da Festa da Xuventude do Páramo

SarriaXa
Unhas 172 persoas achegáronse ao municipio do Páramo a tomar parte dunha camiñata que protagonizaba o programa da XIV Festa da Xuventude
camiñata_festa_da_xuventude_samos
Festa da Xuventude O Páramo
7 Xul 2024

Unhas 172 persoas de toda Galicia e de distintos puntos do territorio español, así como do estranxeiro, achegáronse ao municipio do Páramo a tomar parte dunha camiñata que protagonizaba o programa da XIV Festa da Xuventude.

Concretamente da Arxentina, Portugal, Barcelona, Bilbao, Madrid, Oviedo, León, Tui, Vigo, Porto do Son, Vilagarcía de Arousa, Noia, Ribadavia, Santiago de Compostela, Ferrol, Fene, Arzúa, Viveiro, Foz, Sobrado dos Monxes, Castroverde, Begonte, Lugo, Sarria, O Corgo, Paradela e o propio Páramo foron algunhas das procedencias dos participantes.

Así pecharon o I ciclo 'Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía', un proxecto que conta coa colaboración do GDR Comarca de Lugo e Xeodestino e do Concello do Páramo.

0.19962000846863