Cedrón celebrará a Festa de San Antonio cunha cea popular e música do Dúo Calú

SarriaXa
A Asociación de Veciños organiza a cita coa colaboración do Concello de Láncara, o sábado 13 de xuño na Ponte de Saa
Asociación-de-Veciños-de-Cedrón-en-Láncara
26 May 2026

A Asociación de Veciños de Cedrón, no municipio de Láncara, celebrará o vindeiro sábado 13 de xuño a tradicional Festa de San Antonio cunha xornada festiva que combinará gastronomía, convivencia e música en directo na Ponte de Saa.

O programa dará comezo ás 20.30 horas cun tardeo pensado para reunir aos asistentes antes da cea popular, prevista para as 21.30 horas. A organización confirmou ademais a instalación dunha carpa para garantir o desenvolvemento da festa.

O menú da cea estará composto por paella, lacón asado, sobremesa, café, queimada e melindres. As entradas poderán adquirirse ata o 7 de xuño nos puntos de venda habilitados pola organización, entre eles a Cantina de Saa, o C.N. Paporubio e membros da directiva da asociación.

O prezo será de 25 euros para socios e de 35 euros para non socios, mentres que os menores de 12 anos poderán asistir de balde.

A noite rematará coa actuación musical do Dúo Calú, encargado de poñer ritmo á celebración organizada pola Asociación de Veciños de Cedrón coa colaboración do Concello de Láncara.

0.10139298439026