Centos de persoas participaron esta fin de semana no Festival Terra Brava do Incio

SarriaXa
O prato forte foron os concertos de Peter Selek, O Val das Mouras, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, O Sonoro Maxín e Guezos
Xabier-Díaz-Terra-Brava-do-Incio
26 Aug 2024

Centos de persoas achegáronse a desfrutar este sábado, 24 de agosto, do Festival Terra Brava, organizado pola Asociación Terra Brava do Incio, que estivo protagonizado pola música, a gastronomía e a cultura.

Ademais da sesión vermú, que foi de 13.00 a 14.00 horas, e estivo amenizada pola Charanga sin Control, pola tarde o protagonismo foi para a Escola de Música do Incio, que actuou diante das persoas que se achegaron a desfrutar da festa.

Pero o prato forte chegou á noite, con diversas actuacións de grupos recoñecidos, como Peter Selek, O Val das Mouras, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, O Sonoro Maxín e Guezos, quen pechou o festival.

Entre as persoas que se achegaron, ademais de interesados na música, puidéronse ver caras coñecidas como a do vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, a súa compañeira do BNG e alcaldesa de Samos, Chus López, así como tamén estiveron presentes o deputado popular Antonio Ameijide e a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración na provincia de Lugo, Carmen José López.

0.14958810806274