Chega o día de Meigas e Trasgos a Sarria

SarriaXa
Xa está anunciado o cartel do día de Meigas e Trasgos e haberá actuacións e actividades durante a fin de semana.
meigas e trasgos sarria
24 Aug 2021

A Asociación Cultural Meigas e Trasgos xa anunciou o cartel do día de Meigas e Trasgos e, a pesar de que por segundo ano consecutivo non se pode festexar o cincuenta aniversario da Noite Meiga, haberá actuacións e actividades durante a fin de semana en Sarria.

O día no que se levará a cabo o día de Meigas e Trasgos será o sábado 28 de agosto e a xornada festiva comezará ás 13 horas coa sesión vermú, que virá a cargo do grupo de gaitas de Meigas e Trasgos e Parentes de Sober. Ás 15 horas será o xantar e, dende ás 19 horas haberá actuacións de diferentes grupos. En primeiro lugar, levarase a cabo unha actuación do grupo de danza de Meigas e Trasgos e, posteriormente, o grupo Louband realizará un concerto para encher de música o ambiente.

Así mesmo, chegará a maxia ao lugar a través da queimada e o conxuro que se celebrará e, para rematar, o grupo Gin Toni's porá o broche final cun concerto que rematará ás 00 horas.

Sen embargo, os festexos non acabarán ahí. O domingo 29 de agosto levarase a cabo ás 14 horas a tradicional festa da empanada, na que os socios terán un menú gratis. Xa ás 19 horas realizarase o concerto infantil de Cozorellos Salvaxes, que poñerá punto e final a unha celebración diferente, lúdica e cultural.

Así mesmo, dende a Asociación Meigas e Trasgos lembran que para xantar e cear hai que reservar previamente, retirando e pagando as tarxetas no Meigallo ata o venres día 27 ás 17 horas. Ademais, cumpriranse todas as medidas de seguridade vixentes e o aforo será limitado.

cartel dia meigas e trasgos
0.15802597999573