Chegan as II Xornadas Técnicas de Pesca a Mosca da man do Club de Pesca Río Neira

SarriaXa
Chegan as II Xornadas Técnicas de Pesca a Mosca da man do Club de Pesca Río Neira que virán acompañadas doutras actividades
Xornadas técnicas de pesca a mosca clube de rio neira
Xornadas técnicas de pesca a mosca clube de rio neira
15 feb 2023

O Club de Pesca do Río Neira organiza para este domingo, 19 de febreiro, as II Xornadas Técnicas de Pesca a Mosca.

Neste evento haberá unha exposición e venta de materiais para levar a cabo esta actividade e tamén contarán con impresión 3D en directo.

Alí estará Jesús Bolaño, Javi López, Ali Pérez e Luis Sandamil.

Poderán apuntarse socios e non socios, pero as persoas que queiran participar e non sean parte da asociación, terán que pagar unha cota de 30 euros, na que ademais das actividades tamén se inclúe o xantar.

Os interesados poderán inscribirse a través do número 606 318 225.

Xornadas técnicas de pesca a mosca clube de rio neira