Claudio Garrido volverase presentar como candidato de Camiña Sarria á alcaldía de Sarria

SarriaXa
Camiña Sarria celebrou a súa primeira Asemblea Xeral tras a súa constitución como partido político, na que elixiron a Claudio Garrido como presidente do Comité Executivo e candidato á alcaldía de Sarria nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.
18 Xan 2023

Camiña Sarria celebrou a súa primeira Asemblea Xeral tras a súa constitución como partido político, na que elixiron a Claudio Garrido como presidente do Comité Executivo e candidato á alcaldía de Sarria nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.

Tras ser proclamado candidato á Alcaldía, Claudio Garrido agradeceu "o apoio e a confianza" dos afiliados e simpatizantes e marcou para o 28 de maio "o obxectivo de ampliar o número de concelleiros para gobernar con maior estabilidade e autonomía".

O alcalde considera que "tras o traballo realizado nun mandato moi complicado por mor da pandemia e a crise derivada da guerra en Ucraína, Camiña Sarria é a única opción política cun futuro claro, cun liderazgo sólido e con forza e credibilidade para responder ás necesidades da veciñanza", afirmou Garrido.

Outros cargos elixidos

Nun concorrido acto celebrado no restaurante Mar de Plata, os máis de 75 asistentes asignaron tamén os outros catro cargos con responsabilidade no Comité Executivo: Dolores Camino (vicepresidenta), Isabel Vergara (voceira), José Escudero (tesoureiro) e José Soto (secretario).

Dolores Camino exercerá como vicepresidenta do órgano de dirección do partido, que tamén contará con Isabel Vergara (voceira), José Escudero (tesoureiro) e José Soto (secretario) Garrido marca "o obxectivo de ampliar o número de concelleiros para gobernar con maior estabilidade e autonomía"

0.084513902664185