Comeza o obradoiro de emprego Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón

SarriaXa | RibeiraSacraXa
Na mañá de onte tivo lugar no Concello de Bóveda a presentación do obradoiro dual de emprego Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón.
obradoiro incio boveda
16 Out 2021

Na mañá de onte tivo lugar no Concello de Bóveda a presentación do obradoiro dual de emprego Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón.

O Concello promotor é o de Bóveda, que asinou convenio coa Pobra do Brollón e O Incio, conforme ao previsto na Orde do 31 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, que regula os requisitos para a selección do alumnado-traballador dos obradoiros duais de emprego.

Os alumnos e alumnas formaranse en dúas especialidades formativas: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, que será de 7 alumnos/as e que se realizará na Pobra do Brollón e, por outro lado, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, que ten unha oferta de 13 alumnos/as e que se levará a cabo nos Concellos de Bóveda e O Incio.

A duración do obradoiro será de nove meses a xornada completa. As datas previstas son dende o 15 de outubro de 2021 ata o 14 de xullo de 2022.

0.18000507354736