Comeza o San Xoán de Sarria co desfile dos cabezudos

SarriaXa
Realizarase un pasarrúas a cargo de Tumbuka acompañado polo desfile dos Cabezudos no primeiro día do San Xoán de Sarria.
cabezudos sarria
23 Xuño 2021

Hoxe da comezo o San Xoán de Sarria 2021 a partir das 19.30 horas. Así pois, realizarase un pasarrúas a cargo de Tumbuka acompañado polo desfile dos Cabezudos.

A xornada pecharase coa actuación musical de Por mi Swing, ás 21.30 horas na praza da vila.

Dende o concello animan a todos os veciños e veciñas a participar neste día e a cumprir coas medidas sanitarias correspondentes. Así mesmo, hai que lembrar que é o primeiro día dunha xornada de festas que se amplía ata o vindeiro domingo día 27 de xuño.

0.094813108444214