Comezan as festas de Estraxiz e Sivil de Samos cunha churrascada

SarriaXa
Estraxiz e Sivil de Samos celebran as súas festas estes 24 e 25 de xullo con varias actividades para veciños
concerto musica actuacion festa1
24 Xul 2023

Hoxe comezan as grandes festas da parroquia de Estraxiz e Sivil de Samos na honra ao Apóstol Santiago, que comezarán cunha gran churrascada e se polongarán durante todo o día de mañá, 25 de xullo.

Ademais da churrascada, durante o día de hoxe as persoas que se acheguen a esta parroquia poderán desfrutar dunha touciñada e unha queimada popular amenizadas todas elas co Dúo Tropical e o Trío Rubí.

Xa o 25, Día de Galicia, a xornada comezará coa misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú, da man do grupo Superstar. Xa pola tarde, a partir das 19.00 horas, haberá festa e verbena co Grupo Superstar.

0.16986012458801