Comezan as festas de Santa Cristina de Paradela con cea veciñal e verbena

SarriaXa
A celebración prolongarase ata o venres con actos relixiosos e as actuacións do Dúo Dilema e da orquestra Stereo
festas-fogos-artificio-patronais
23 Jul 2026

A parroquia de Santa Cristina, no concello de Paradela, inicia este xoves, 23 de xullo, as súas festas na honra á patroa cun programa que combina tradición, convivencia veciñal e música.

A programación arrincará ás 22.00 horas cunha churrascada veciñal, á que seguirá a verbena amenizada polo Dúo Dilema, encargado de poñer a música á primeira noite das celebracións.

Os festexos continuarán o venres, 24 de xullo, cunha misa maior ás 13.00 horas, seguida da tradicional procesión e dunha sesión vermú coa orquestra Stereo. Pola noite, a formación volverá subir ao escenario para protagonizar a festa e verbena que porá o broche final ás celebracións.

0.1451370716095