Comezan as grandes festas en Santamariña de Lóuzara, en Samos

SarriaXa
A verbena comezará esta tarde-noite a partir das 22.00 horas cunha churrascada amenizada polo DJ Cómic
fogos-artificiais-festas-patronais
19 Xul 2024

Comezan hoxe as grandes festas na parroquia samanense de Santamariña de Lóuzara na honra á Virxe de Santa Mariña.

Así, durante a xornada deste venres e sábado, 20 de xullo, desenvolveranse diversas actividades para celebrar as festas, comezando por unha churrascada popular a partir das 22.00 horas o propio venres 19 e amenizada polo DJ Cómic.

Pola súa banda, o sábado 20 haberá unha misa solemne ás 13.00 horas seguida dunha sesión vermú amenizada polo Dúo Tropical, que volverá actuar a partir das 20.00 horas e, de novo, despois da cea, ás 23.00 horas haberá verbena co Dúo Tropical e o DJ Cómic.

0.18803691864014