Continúan as actividades lúdicas e culturais no concello de Láncara

SarriaXa
Continúan as actividades lúdicas e culturais no concello de Láncara cunha excursión o próximo domingo día 11
interior autobus
5 sep 2022

Como ven sendo habitual, o concello de Láncara organiza a súa tradicional excursión do mes de setembro. A actividade terá lugar este domingo día 11 durante todo o día e poderá asistir todo aquel que estea previamente inscrito.

Os participantes na excursión poderán visitar nesta ocasión os concellos de Padrón, O Grove, Cambados, Negreira e culminarán cunha visita á catedral de Santiago de Compostela. A parte de desfrutar de paisaxes únicas, poderán saborear a mellor gastronomía da zona.

Habilitarase un autobús que recollerá aos lancareses inscritos en varios núcleos do municipio, en concreto estarán dispoñibles catro rutas diferentes para facilitar o acceso de todo aquel que queira formar parte da actividade.

Os interesados, poderán apuntarse dende xa no concello de Láncara ou ben chamando ao teléfono 982 543 077.

O CONCELLO

Na vila lucense de Láncara hai una regra matemática ineludible, e é que a maior beleza acádase a través da suma das súas partes. Unha premisa que esta vila amosa en todos e cada un dos seus atractivos. Un total de 26 parroquias forman este tranquilo municipio cheo de natureza que como conxunto ten unha imaxe única. O río Neira esténdese ata desembocar no máxico Miño. Durante o transcurso as súas ribeiras engalánanse de densa vexetación, belas praias fluviais e pontes de gran arraigo coma o de Carracedo.

0.17118287086487