Continúan os avances na ampliación do polígono de Morelle en Sarria

SarriaXa
No día de onte realizouse a precomercialización das parcelas da segunda fase do polígono empresarial de Morelle.
segunda fase poligono morelle sarria
segunda fase poligono morelle sarria
22 oct 2021

No día de onte realizouse a precomercialización das parcelas da segunda fase do polígono empresarial de Morelle. Esta actuación foi demandada en diferentes plenos pola oposición, nos que se pedía a comercialización, venta e posta a disposición de empresas e emprendedores das parcelas industriais da mesma.

Desta maneira, varios técnicos da Entidade Estatal do Solo -Sepes-, xunto co alcalde de Sarria, Claudio Garrido, reuníronse con empresarios interesados nestas parcelas para comprobar a viabilidade do proxecto de ampliación deste polígono industrial de Morelle.

Ao final, o proxecto estaría composto por 37 parcelas e o prezo aproximado por metro cadrado sería de 70 euros. Esta cifra non é definitiva, xa que habería que esperar a que saia a convocatoria pública e, ademais, dependendo do tamaño da parcela o prezo por metro cadrado será menor ou maior. No caso das parcelas pequenas, o prezo aumentará e no caso das parcelas máis grandes, o prezo diminuirá.

Sen embargo, para que isto ocorra, os empresarios deberán reservar 70.000 metros cadrados, ou o que é o mesmo, o 50% do terreo dispoñible -o total da superficie son 140.000 metros-. De feito, se se alcanza esta cifra antes do 30 de novembro, o proxecto podería estar listo en dous anos, porque xa se podería sacar a convocatoria pública. Así mesmo, aquelas persoas que reserven parcela, deberán entregar o 25% do importe.