Contratan 89 persoas na provincia para tarefas relacionadas coa prevención de incendios

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O mercado mantén as cifras medias de cortas do periodo 2018-2021, tralo ciclo excepcional de prezos que se viviu no 2022.
Incendio Trabada
29 Apr 2024

O mercado mantén as cifras medias de cortas do periodo 2018-2021, tralo ciclo excepcional de prezos que se viviu no 2022.

A Xunta de Galicia destina máis de 1.455.000 euros a financiar a contratación de 89 traballadores desempregados nos concellos lucenses, que realizarán tarefas principalmente relacionadas coa prevención de incendios.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración xa notificou a resolución do programa Aprol Rural aos municipios beneficiarios da provincia de Lugo, que son practicamente todos excepto a capital.

Este programa diríxese a que concellos rurais, ben de maneira individual ou conxunta, contraten persoas demandantes de emprego, de forma que dinamiza o emprego local e proporciona experiencia e práctica profesional aos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado de traballo.

Por comarcas, os concellos da Mariña contratarán a 21 traballadores cun orzamento de 340.000 euros. Na zona sur, as comarcas de Quiroga, Terra de Lemos e Chantada suman 19 traballadores e 305.500 euros de investimento. Na Terra Chá e Meira destínanse 241.600 euros a contratar a 15 persoas; na de Lugo serán 177.100 persoas e 11 contratos; na comarca de Sarria 157.600 e 9 contratos; os municipios da Montaña, nos Ancares e A Fonsagrada, alcanzan os 136.700 euros de orzamento para 8 contratos, e na Ulloa 96.600 euros para 6 contratos.

Con carácter xeral outorgáronse achegas para financiar entre un e dous contratos en cada concello, aínda que as prazas con apoio poden chegar a catro atendendo a que a solicitude a realicen entidades fusionadas ou municipios emprendedores.

Os traballadores incorporados destinaranse á realización de tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios nas faixas secundarias: planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión da biomasa.

Con estas achegas, a Xunta reforza a colaboración coas entidades locais para financiar os custos salariais totais das persoas incorporadas.

O programa está a avogar pola creación de postos de traballo no ámbito local e contribúe ao aproveitamento das posibilidades que brinda o emprego de proximidade.

0.13260507583618