Convocada a XXIV edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

SarriaXa
Os traballos presentaranse por cuadriplicado en exemplares separados, grampados ou encadernados
premio-Fiz-Vergara
premio-Fiz-Vergara
21 Maio 2024

O Concello de Sarria, coa colaboración da Agrupación Cultural Ergueitas, convocan o XXIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.

As obras presentadas deben estar escritas en lingua galega. A escolla ortográfica de cada obra presentada non será obxecto de valoración por parte do xurado.

A extensión mínima da obra, que deberá presentarse antes do o 24 de xuño de 2024, será de 500 versos e os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame.

Os traballos presentaranse por cuadriplicado en exemplares separados, grampados ou encadernados, en tamaño DIN A4 escritos por unha soa cara. Acompañaranse dun sobre pechado no que conste o título ou lema da obra no exterior, contendo no interior o nome e apelidos da autora ou autor, fotocopia do documento de identidade, enderezo, teléfono e correo electrónico. Enviaranse por correo certificado a: XXIV PREMIO DE POESÍA FIZ VERGARA VILARIÑO, Concello de Sarria, rúa Maior 14, 27600 Sarria.

Establécese un único premio indivisíbel dotado con 6.000 euros, suxeito á normativa fiscal vixente. O xurado poderá deixar deserto o premio se considera que as obras presentadas non acadan unha mínima calidade.

O xurado estará composto por persoas de prestixio no mundo da creación ou a crítica literaria. Actuarán como Secretaria a Presidenta da Agrupación Cultural Ergueitas e como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sárria, os dous con voz e sen voto. A decisión do xuri será inapelábel e será dada a coñecer antes do 17 de decembro de 2024.

A obra premiada será propiedade do seu autor ou autora, agás a primeira edición que será publicada pola Editorial Espiral Maior. En posteriores edicións farase constar a condición de Premiada no “XXIV PREMIO DE POESÍA FIZ VERGARA VILARIÑO”.

Os orixinais non premiados non serán devoltos e serán destruídos. Logo de feito público o ditame a organización poderá abrir as plicas das obras non premiadas para promocionar as seguintes edicións do premio, agás indicación do contrario no exterior do sobre. Non se manterá correspondencia cos autores e autoras.

0.16881585121155