Crearte programa unha primavera cultural en Sarria con teatro, música e creación artística

SarriaXa
A iniciativa ‘Apalleira primavera 2026’ desenvolverase entre abril e xuño con obradoiros, residencias e xornadas abertas ao público
A-Palleira-Manán-Sarria
14 Apr 2026

A asociación cultural Crearte de Sarria presenta unha nova edición da súa programación estacional baixo o título Apalleira primavera 2026, unha proposta que se desenvolverá entre os meses de abril, maio e xuño cunha ampla variedade de actividades centradas na creación artística, a memoria e a participación colectiva.

O programa arrincará o sábado 25 de abril cun obradoiro de teatro impartido por Fernando Díaz, ao que lle seguirá o domingo 26 a actividade Mañán onte e hoxe, centrada na memoria e conducida por Xosé Gago.

Xa no mes de maio, entre os días 4 e 15, desenvolverase unha residencia artística a cargo de Daniela Cruz, orientada á creación contemporánea. A programación continuará o sábado 9 cun obradoiro de percusión dirixido por Sira Goyanes, mentres que o domingo 10 será a quenda do movemento corporal da man de Rut Balbís. O sábado 23 celebrarase unha xornada centrada no cinema con Iván Castiñeiras.

A actividade prolongarase en xuño co obradoiro de cerámica impartido por Vero Quintela o sábado 13, e rematará o domingo 14 cunha nova sesión de Mañán onte e hoxe con Xosé Gago, pechando así un ciclo que combina disciplinas artísticas e reflexión arredor da memoria colectiva.

Desde a organización destacan que esta programación busca consolidar un espazo de encontro cultural en Sarria, fomentando a participación cidadá e o diálogo entre distintas expresións artísticas.

0.12175393104553