Deperpol Sarria retoma os adestramentos de karate e defensa persoal o 14 de setembro

SarriaXa
O club deportivo ofrece clases de Karate Shito-Ryu e defensa persoal para diferentes idades e niveis na rúa Liberdade de Sarria
deperpol-sarria
31 Aug 2026

Deperpol Sarria prepara o inicio dunha nova tempada de adestramentos, que dará comezo o 14 de setembro. A partir desa data retomaranse as clases de Karate Shito-Ryu e defensa persoal, con grupos adaptados a diferentes idades e niveis.

A programación inclúe modalidades de karate infantil, xuvenil e para adultos, ademais de sesións específicas de defensa persoal. Os adestramentos desenvolveranse os luns, mércores e venres.

As clases terán lugar nas instalacións situadas na rúa Liberdade 217, en Sarria, onde o centro xa ten preparada a nova tempada para retomar a actividade deportiva.

As persoas interesadas en obter máis información ou coñecer os detalles dos grupos poden contactar con Deperpol Sarria no teléfono 622 891 057.

0.15197420120239