Desconvocada a folga do 1 de xuño contra o ERE de Inelcom despois de chegar a un acordo

SarriaXa
Desconvocada a folga do 1 de xuño contra o ERE de Inelcom despois de chegar a un acordo
Reunión Claudio Garrido Inelcom
31 Maio 2023

CCOO informa da desconvocatoria das mobilizacións con motivo do ERE de Inelcom para os centros de traballo de Sarria (Lugo) e Xàtiva (País Valencià), previstas para o 30 de maio e a folga do 1 de xuño.

A decisión de suspender as mobilizacións debeuse á consecución dun principio de acordo nas negociacións do expediente, reducíndose en case un 55 % o número de persoas afectadas, so a premisa da voluntariedade e do incremento da indemnización correspondente.

O dito acordo recibiu o apoio do cadro de persoal.

0.13643503189087