Desde o Concello de Sarria destacan "o éxito" da obra 'O Rapto da Befana'

SarriaXa
Esta actividade foi promovida pola Concellería de Cultura, a Concellería de Educación e a Concellería de Igualdade de Sarria, co obxectivo de fomentar valores educativos e sociais a través da cultura
O-rapto-da-Befana-Casa-da-Cultura-Sarria
1 Out 2024

A obra 'O Rapto da Befana' encheu a Casa da Cultura de Sarria este pasado domingo, 29 de setembro, da man da compañía Olivas Negras como parte da mostra Iván Tourón Morais. A obra, inspirada na tradición da comedia da arte, foi un éxito entre o público, que gozou dunha tarde de humor, música e enredos.

Ademais, na mañá do luns, 1 de outubro, tivo lugar unha segunda función destinada aos nenos e nenas dos colexios de Sarria. Ao remate da obra, organizouse unha charla sobre igualdade, na que se trataron temas como a igualdade de xénero e o respecto mutuo.

Esta actividade foi promovida pola Concellería de Cultura, a Concellería de Educación e a Concellería de Igualdade de Sarria, co obxectivo de fomentar valores educativos e sociais a través da cultura.

'O Rapto da Befana'é unha divertida comedia na que varios personaxes intentan raptar á bruxa Befana para obter os seus agasallos máxicos, nunha serie de situacións cómicas e cheas de enredos. A obra, marcada polo estilo dinámico e festivo da comedia da arte, mantén o público cativado de principio a fin.

0.15143489837646