Dúas prazas dispoñibles na Casa Niño Entrepeques de Triacastela

SarriaXa
Ata o próximo 13 de xuño permanece aberto o prazo de inscrición para o curso 2022-2023 na Casa Niño Entrepeques de Triacastela
CASA NINO ENTREPEQUES PORTADA
CASA NINO ENTREPEQUES PORTADA
14 Maio 2022

A Casa Niño Entrepeques de Triacastela anunciou este venres a apertura do prazo de inscrición para o curso escolar 2022-2023, unha inscrición que permanecerá aberta ata o 13 de xuño.

A entidade, que presta un servizo gratuito de atención á infancia de 0 a 3 anos de idade no Concello de Triacastela subvencionado pola Xunta de Galicia e FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), oferta dúas prazas para o próximo curso.

Os interesados poden facer a reserva de praza ou solicitar máis información no teléfono 680 948 459

0.16930913925171