Dub Mono Hi-Fi actuará por terceira vez consecutiva no Tremeterra Fest do Incio

SarriaXa
Os organizadores do Tremeterra veñen de confirmar o noveno grupo de música que actuará o vindeiro 30 de agosto no encoro de Vilasouto
Dub-Mono-Hifi
Dub-Mono-Hifi
16 Maio 2024

Os organizadores do Tremeterra Fest veñen de confirmar o noveno grupo de música que actuará o vindeiro 30 de agosto no encoro de Vilasouto, que é Dub Mono Hi-Fi.

O colectivo e soundsystem compostelán está formado por: High nebra, Illiam Keys, Ayman selektah, Dubba Dread e Bongo Palm, que comezaron en 2017 como produtores, selectores e promotores da cultura reggae e soundsystem.
Dende entón, a súa traxectoria levounos a actuar en diferentes cidades e pobos galegos así como en eventos e festivais locais e nacionais como o Reggaeboa ou o International Dub Gathering.

Forman parte da organización do Tremeterra Fest dende o seu nacemento e, por terceira vez consecutiva, sonorizarán a primeira xornada do festival pero cunha gran novidade: a liña de subgrave formarase cunha nova configuración de 6 hog scoops.

0.1699001789093