Eirexalba, no Incio, celebra as súas grandes festas os vindeiros 11 e 12 de agosto
SarriaXa
Eirexalba, no Incio, celebra as súas grandes festas os vindeiros 11 e 12 de agosto con diferentes actuacións musicais
17 Xul 2023
A parroquia de Eirexalba, no Incio, celebrará as súas festas na honra á Virxe da Presentación os vindeiros 11 e 12 de agosto, organizadas por un grupo de veciños e veciñas do municipio do Incio e colabora a Asociación Veciñal Os Fanagueiros.
Así, o día 11 terá lugar unha queimada conxunta, que estará amenizada polo Dúo Estrellas para que as persoas participantes poidan desfrutar da verbena e festa de forma conxunta pola noite.
Xa o día 12 a xornada comezará ás 13.30 horas coa misa solemne, na que actuará o Coro Sarricanta. Despois, na sesión vermú, o grupo Punto Clave amenizará o evento. E, pola noite, haberá festa e verbena amenizada polo mesmo grupo, Punto Clave, e a disco móbil CDC.