El Combo Dominicano actuará nas Festas do Val do Mao do Incio dos vindeiros 15 e 16 de maio
As grandes festas do Val do Mao do Incio acollerán diferentes actividades nas que se honrará a San Eufrasio e se celebrará o XX aniversario da Palloza.
Así, durante os días 15 e 16 de maio, haberá diferentes actuacións musicais, así como gastronomía e iniciativas para o desfrute dos asistentes.
O 15 de maio, para comezar, haberá misas ás 10.30 e ás 11.30 horas, aínda que a misa maior será ás 13.30 horas, que irá seguida da procesión e sesión vermouth amenizada pola Foliada de Bosende.
Xa á noite, os asistentes poderán degustar unha pancetada a partir das 21.30 horas que irá da man do Dúo Estrelas.
Con respecto ao día 16, tal e como está programado, o día comezará coa misa maior ás 13.00 horas, seguida da procesión e da sesión vermouth acompañada do Dúo Estrelas.
Xa pola noite, a partir das 22.00 horas será o turno da orquestra El Combo Dominicano xunto cunha sesión de música de dj.