El Combo Dominicano formará parte do programa das festas de Láncara

SarriaXa
As festas desenvolveranse como cada ano, a última fin de semana de agosto e os primeiros días de setembro na honra á virxe do Carme
Festas-de-Láncara-2024
21 Ago 2024

A parroquia de Láncara, no Concello do mesmo nome, celebra as súas festas, como cada ano, a última fin de semana de agosto e os primeiros días de setembro na honra á virxe do Carme.

Así, a festa comezará o venres 30 de agosto coa Festa da Troita, na que establecementos da parroquia ofrecerán a troita para o desfrute da veciñanza e as persoas que se acheguen.

Pola súa banda, o sábado 31 de agosto ás 22.00 horas terá lugar unha pancetada popular e, despois, haberá verbena amenizada polo Dúo Intervalo para poñer a toda a xente a mover o esqueleto.

Xa o domingo, 1 de setembro, ás 13.00 horas haberá misa solemne seguida de procesión e, logo, sesión vermú amenizada polo Grupo Punto Clave, que tamén amenizará a sesión de tarde e a noite, cando tamén estará a orquestra Saudade durante a verbena nocturna.

Finalmente, o luns, 2 de setembro, tamén haberá ás 13.00 horas misa solemne seguida de procesión e sesión vermú coa banda Louband de Sarria, que volverá amenizar a noite, xunto coa gran actuación das festas: El Combo Dominicano.

0.12118411064148