El Flop aterrará no Buril coa súa xira 'No me voy a torTOURar'

SarriaXa
O Buril de Sarria acolle outro evento musical da man do grupo El Flop e a compañía do grupo Baixo Zero o vindeiro 24 de febreiro a partir das 21.
Grupo El Flop
Grupo El Flop
20 feb 2024

O Buril de Sarria acolle outro evento musical da man do grupo El Flop e a compañía do grupo Baixo Zero o vindeiro 24 de febreiro a partir das 21.00 horas.

Nesta iniciativa os de El Flop presentarán a súa xira ‘No me voy a torTOURar’ no que tocarán música Freak-Folk, Speed-folk, Queer-punk, Folk-punk “ou como o queiran chamar”, din.

Este dúo da Coruña publicou o seu primeiro álbum, autodefinido como “freak folk que mestura costumismo, humor e melodrama e darano todo no Buril.