En Semana Santa os nenos de Láncara poderán desfrutar de talleres creativos

SarriaXa
En Semana Santa os nenos de Láncara poderán desfrutar de talleres creativos que terán lugar no campo da feira
Campo da Feira Láncara2
Campo da Feira Láncara2
1 abr 2023

O Concello de Láncara organiza uns talleres creativos para nenos e nenas do municipio durante os días 3, 4 e 5 de abril.

Terán lugar no Polifuncional do Campo da Feira, onde haberá distintos obradoiros segundo as idades.

Para os nenos de 2 a 6 anos, haberá un taller de ‘Bright Minds’, de 16.00 a 17.00 horas; mentres que para os de 7 a 11 anos haberá un taller de robots, de 17.00 a 18.30 horas.

Xa para os maiores de entre 12 e 16 anos haberá dous talleres, un de montar de mecánica, de 17.00 a 18.30 horas, e outro de facer robots, de 18.30 a 20.00 horas.

Talleres creativos Láncara