Entrega de diplomas aos participantes dun obradoiro de emprego en Sarria

SarriaXa
Entrega de diplomas aos participantes dun obradoiro de emprego en Sarria no que se investiron 347.000 euros
Diplomas obradoiro Sarria portada
27 Xul 2022

A Xunta de Galicia entrega os o seus diplomas aos alumnos do obradoiro de emprego Camiño de Santiago II, promovido polo Concello de Sarria e financiado pola consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 347.000 euros.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto xunto co alcalde, Claudio Garrido. Arias sinala que o taller contou con 20 prazas e impartiu a especialidade de pavimentos e albanelería de urbanización.

O alumnado tivo acceso a un contrato de traballo durante os nove meses de duración da actividade, que incluíu formación teórica e práctica. “Os obradoiros teñen a dobre vantaxe de ser unha ferramenta idónea para a inserción laboral de persoas desempregadas ao tempo que axudan a mellorar infraestruturas e servizos públicos municipais”, subliña.

No caso de Sarria, explica que os participantes traballaron no acondicionamento e pavimentación da ruta xacobea ao seu paso polos núcleos de Perros e Aguiada, na parroquia de Calvor. Así, remarca a contribución desta iniciativa “para seguir avanzando na potenciación do Camiño de Santiago, que xoga un papel fundamental na dinamización económica da nosa provincia, especialmente nas zonas rurais”.

Anuncia ademais que "a consellería está a piques de notificar as concesións da nova convocatoria de obradoiros duais que permitirá formar unhas 1.600 persoas en Galicia con dúas grandes novidades: un incremento do orzamento do 23%, superando así os 42 millóns de euros, e un maior período de formación do alumnado, pasando dos 9 aos 12 meses de duración".

0.064906120300293