Entregáronse os premios da campaña 'O teu corazón pide Sarria' da ACES de Sarria

SarriaXa
A ACES – CCU Sarria vén de entregar os vales de premios aos gañadores da campaña de San Valentín O teu corazón pide Sarria que se desenvolveu entre o 1 e 14 de febreiro.
premiados ACES campaña San Valentín
21 Feb 2024

A ACES – CCU Sarria vén de entregar os vales de premios aos gañadores da campaña de San Valentín O teu corazón pide Sarria que se desenvolveu entre o 1 e 14 de febreiro.

Así, os gañadores son Elena González Alonso, por una compra en Atmosfera Sport, que gañou unha cea no Restaurante Roma; Miriam Río, por una compra en Micsport, que gañou unha cea no Hotel Alfonso IX; Modesto Vázquez López, por una compra en Calzados Veiga, que gañou unha cea en Restaurante O'Descanso, e Leticia Ventosinos, por una compra en Lar de Menchu, que gañou unha cea en Cafetería El Parisien.

O obxectivo da campaña foi "chegar aos corazóns dos clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria, para que continúen amosando o seu apoio aos negocios da vila, realizando as súas compras de San Valentín no CCU de Sarria", explicaban desde a entidade.

0.17531490325928