Entrevista: “O Páramo é un concello en continua actividade, estamos a desenvolver nel moitos proxectos”

SarriaXa
José Luis López López, pertence á formación Todo polo Páramo e actualmente é o alcalde deste municipio, é ex presidente do equipo de fútbol
jose luis lopez lopez concello o paramo
jose luis lopez lopez concello o paramo
18 Out 2022

José Luis López López, pertence á formación Todo polo Páramo e actualmente é o alcalde deste municipio.

O líder desta formación, é ex presidente do equipo de fútbol e traballador dunha empresa colaboradora de telefónica.

Que lle gustaría que os seus veciños viran en vostede como alcalde/alcaldesa?

Me gustaría que viran o que son. Que viran unha persoa próxima, de toda a vida. Sen máis. Non quero que vexan algo que non hai, quero que vexan a miña persoa. Se algo me gusta transmitir sobre todo aos meus veciños é transparencia.

Que filosofía transmite ao seu equipo de goberno para afrontar día a día o servizo aos cidadáns?

Como dixen gústame que se me coñeza pola transparencia. É por iso que a filosofía que poño en práctica no meu día a día para poder traballar ao servizo de tódolos cidadáns do Páramo baséase neso.

Non me gustar tomar atallos senón que busco traballar claramente, de xeito honrado e tentar facer o máximo posible en todo o que respecte aos cidadáns deste concello.

Penso que esa é unha boa forma para intentar que todo salga adiante do mellor xeito que se poda.

Ten actualmente o concello algún proxecto en marcha que queira destacar?

Por suposto, o concello do Páramo é un concello en continua actividade e na actualidade estamos a desenvolver moitos proxectos que o que buscan é mellorar a calidade de vida de tódolos veciños.

Entre eles está por exemplo a construción dunha pista multideporte no CEIP Plurilingüe que se espera estea rematada a finais deste ano ou a construción no mesmo centro dun parque infantil, o arranxo dun total de 12 ou 13 pistas que conectan as distintas parroquias e aldeas do municipio, acabamos de arranxar tamén o campo da feira, imos restaurar unha casa que compramos que é a casa do cura de Piñeiro e temos previsto proceder ao acondicionamento de 5 ou 6 fontes do municipio.

Estes son os proxectos que temos en mente na actualidade e que imos realizar de forma máis próxima.

Como lle gustaría que fora o seu concello nun futuro?

Gustaríame que O Páramo contase cos máximos servizos posibles.

Pouco a pouco fomos solucionando as carencias que tiña que eran moias e fómoslles poñendo solución.

Nun futuro si que teño moitas ideas para que o municipio siga crecendo como por exemplo montar unha residencia da terceira idade ou dotar ao Páramo dun polígono industrial. Pero polo de agora, centrámonos nos proxectos que temos sobre a mesa.

En seguir mellorando o máximo posible no servizo que prestamos á xente que é marabillosa e por suposto desfrutando deste sitio que é fabuloso.

0.17331409454346